QUEN SOMOS

Socias 2025-2026 Laboratorio Escénico COOP

Laboratorio Escénico S. Coop. Galega

Cooperativa creada no 2019 por Carmen Cotelo (directora de teatro, actriz e mestra de teatro) e Alba Fernández (creadora de danza, bailarina e mestra de danza urbana e contemporánea), contado dende o 2025 ca alineación da nova socia Alicia López (bailarina e creadora escénica e audiovisual). O Centro de Artes LABORATORIO ESCÉNICO COOP, é un espazo de formación, creación, investigación e desenvolvemento das Artes Escénicas en A Coruña. O espazo conta con formación de calidade de danza, teatro e música para todas as idades e niveis, ademáis de funcionar como espazo para as/os profesionais das Artes Escénicas, sendo unha sede de creación e encontro multidisciplinar para todas e todos. É actualmente un centro de referencia para as Artes Escénicas en Galicia.

Destacan os Laboratorios de Teatro e Movemento, e os Laboratorios de Improvisación Interdisciplinar, como espazo onde abordamos libremente as artes, nun proceso de experimentación e investigación constante.

O Laboratorio Escénico, ademáis de ofertar un itinerario de clases regulares, conta cun programa de acompañamento á creación escénica (PACE) e cunha formación intensiva que trae docentes e creadores recoñecidos a nivel nacional e internacional tal e como: Maura Morales, Raquel Ferradás, Álvaro Murillo, Chey Jurado, Manuel Martín, etc.