As Mapoulas
As Mapoulas
Mulleres libres de Monte Alto / As Atochas. Casas refuxio.
Creación escénica multidisciplinar que mestura a dramaturxia teatral, a danza, a música, a poesía e o audiovisual. Unha viaxe dende a ficción dun caso particular (baseada nun feito histórico) ao universal.
A obra céntrase na figura histórica de Alicia Dorado, anarquista panadeira de 25 anos, e na súa casa refuxio sita na rúa do Carmen nº6, na cidade de A Coruña. En primeira persoa fálanos do amor, a vida das casas refuxio, a militancia, o compromiso, as relacións coas outras compañeiras, o barrio e a liberdade nun contexto de gran represión que remata o 10 de xullo de 1937 coa súa morte e a doutras compañeiras/os nun asalto policial.
“Que não aparecem na história universal, aparecem nas páginas policiais da imprensa local.//Os ninguéns, que custam menos do que a bala que os mata.” E. Galeano.
Contacta connosco para máis información sobre este espectáculo e contratacións.