QUEN SOMOS

Laboratorio Escénico S. Coop. Galega

Cooperativa creada no 2019 por dúas socias: Carmen Cotelo (directora de teatro, actriz e mestra de teatro, con método propio) e Alba Fernández (creadora de danza, bailarina e mestra de danza urbana e contemporánea). Nace para crear o Centro de Artes LABORATORIO ESCÉNICO COOP, que é un espazo de formación, creación, investigación e desenvolvemento das Artes Escénicas en A Coruña. O espazo conta con formación de calidade de danza, teatro e música para todas as idades e niveis, ademáis de funcionar como espazo para as/os profesionais das Artes Escénicas, sendo unha sede de creación e encontro multidisciplinar para todas e todos.