Canela

A peza CANELA é o resultado dun proceso de creación que comezou cunha convocatoria na procura de Artistas de Danza Urbana, co obxectivo da creación dunha peza profesional de Danza Urbana/Experimental. Con esa iniciativa, procurouse respectar a esencia colectiva da danza, e que as/os bailarinas/íns formasen parte dunha compañía con 8 intérpretes, baixo unha dirección e asesoramento coreográfico. O propio proceso de creación da peza xa foi unha grande experiencia de aprendizaxe, xa que hoxe en día non é doado atopar compañías profesionais con ese número de intérpretes, polo tanto, non é habitual vivir a experiencia espacial e conceptual de seren parte dun colectivo.

Sinopse: Sempre presente, sempre honesta, afrodisíaca e aromática, CANELA esperta os teu sentidos, transportándote moi lonxe, ás terras das esmeraldas. Ela é “CANELITA EN RAMA”.

Contacta connosco para máis información sobre este espectáculo e contratacións.

Categories