Blues de Medianoite

Solo de danza contemporánea de 25 min de duración para rúa ou espazos non convencionais a representar de noite.

Sinopse: Cando cae a noite e entra a melodía, acéndense as luces para min.

Blues de Medianoite entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no
movemento, na música e nos instintos. A chamada da terra que pon en valor ás grandes mulleres do blues e a riqueza rítmica que ven directamente de África, sempre dende un filtro persoal. Isto é, o MEU blues.

Contacta connosco para máis información sobre este espectáculo e contratacións.

Categories